LEMA 2016-17

EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA

29/12/08

Nacemento vivente.

Para acabar as clases este ano, en lugar do festival de nadal, fíxose un gran nacemento vivente en distintas dependencias do colexio. Foi un gran esforzo para alumnos e profesores, especialmente de EI e EP, pero pagou a pena visto o resultado.

Monicreques

O último día de clase os alumnos de 2º da ESO realizaron unha fantástica representación de contos con monicreques para os máis pequeniños do cole.

26/12/08

Son mis deseos para TODOS, los que consultáis este blog. Para mis compañeros y compañeras, los que estáis, los que ya os fuisteis , para los alumnos y alumnas, para las familias de todos, para los exalumnos y exalumnas, los que vivís aquí y los que estáis fuera, para todos aquellos que de alguna manera tienen relación con nuestro querido Colegio.
Va para todos y todas, con cariño.

24/12/08

23/12/08

Concurso de tarxetas de nadal da FAPA.


Carmen Ares, alumna de 3º da ESO, foi a gañadora deste concurso na súa categoria. Ademáis, outros alumnos do colexio foron finalistas e tamén recolleron o seu agasallo.

22/12/08

Visita do Paxe Real.


Os nenos de E. I. tiveron o privilexio de ser visitados polo Paxe Real. Así as súas peticións aos Reis Magos de Oriente serán atendidas con maoir celeridade.

Traballos de nadal.

Aquí temos algúns dos traballos de Educación Infantil realizados para o Nadal.
Tamén podemos ver ás profes preparando o fantástico decorado do ximnasio para a representación do Belén.


26/11/08

Os alumnos de 3ª de Primaria na clase de Educación Plástica, debuxamos unha praia tal como a lembramos e algunhas queremos que as vexades aquí.
Tamén, partindo dunhos obxectos e froitas que Maribel nos colocou na aula, fixemos o primeiro BODEGÓN.
Estes son os resultados. Iremos poñendo máis ao longo do curso.
Que vos gusten!

14/11/08

Visita a Santiago.

Os alumnos de 3º e 4º da ESO tamén celebraron a Semana das ciencias visitando a exposición "Da natureza á mesa" sobre a historia dos cultivos tradicionais das hortas galegas, organizada polo Museo de Historia Natural Luis Iglesias da Univesidade de Santiago.

Aproveitose a viaxe para visitar o Panteón de Galegos Ilustres na igrexa de San Domingos de Bonaval e a exposición "Galicia Dixital" no mosterio de San Martiño Pinario.

Semana das Ciencias 2008.

O colexio celebrou a Semana das Ciencias 2008 participando en distintas actividades organizadas pola Fundación Ferrol Metrópoli.

O martes 11 representouse no colexio o espectáculo "O naúfrago" con o obxectivo de despetar a curiosidade dos nenos a partir de experienias imaxinativas. Asistiron, ademáis dos alumnos de 5º e 6º de primaria, un grupo de nenos do CEIP de Esteiro.

O mércores 12 alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO, xunto con outro grupo do IES Montojo, desprazáronse a Alde Nova en narón. Alí, ademáis de visitar o parque temático, participaron en obradoiros de astronomía e enerxías alternativas.

4/11/08

As Meninas en Canido

Os alumnos de 1º e 2º de EP visitaron o barrio de Canido para admirar os murais realizados por varios artistas de Ferrol. Con estas obras preténdese dar vida ao barrio e denunciar o seu estado de abandono.

31/10/08

Pasatempo. Trata de resolvelo.

Samaín.

Fotos do gran traballo realizado polo alumnos de 4 anos no Samaín. Ademáis podemos ver un gran mural do outono.

30/10/08

Clase de 1º EP.

23/10/08

No corazón da fraga.

Ao igual que no libro"No corazón do bosque" de Agustín Fernández Paz, os alumnos de 5º e 6º de EP realizaron unha saída ás Fragas do Eume. Vistaron o espectacular monasterio de Caaveiro, recolleron castañas, pero algún neno levaría un trasno na súa mochila?

Ademáis fixeron unha pequena ruta de sendeirismo para admirar a paisaxe e a gran variedade de especies vexetais presentes na fraga, e no centro de interpretación, viron un video sobre a gran cantidade de animais que habitan as ribeiras do Eume.

Todo isto acompañados de Santi, un guía do parque natural, ao que queremos agradecer as súas explicacións e amabilidade.

22/10/08

Contacontos

Os nenos de 4 anos asistiron a unha sesión de contacontos organizada polo grupo Kalandraka no Centro Cultural Carballo Calero. Tamén coñeceron un pouco mellor algúns intrumentos musicais tradicionais. Queremos dar as grazas a Ana e a Pablo pola súa gran representación.

Presentamos a clase de 4 anos.

Con estas fotos presentamos a clase de 4 anos. Nelas podemos ver os distintos espazos dos que dispón, así como os traballos sobre o outono e os seus froitos con os que está decorada.

16/10/08

Dereitos humanos.

Comezan o curso con moitas enerxías os alumnos de 2º da ESO e con ganas de coñecer a fondo cales son os Dereitos do Home. Nas tutorías con Cheli comenzaron coñecendo os seus dereitos como nenos e estudiantes (¡¡ e tamén as súas obrigas!!!!). Na nova materia de Educación para a cidadanía traballamos tamén nese sentido, coñecendo algunha das maiores aberracións cometidas polo home: O holocausto nazi.

Traballamos na clase sobre as imaxes de "the last days", o oscarizado documental de Spielberg. "Homo homini lupus est" que dicían os vellos romanos. Coma punto de inflexión sobre este tema, que aínda nos dará moito do que falar na clase, o martes 14 de outubro, xantamos todos xuntos no colexio, e mesmo botamos unha partida de futbol, logo subimos a clase, coñecimos os obxectivos do milenio na sala de ordenadores.

Sobre as 17:15 saímos todos xuntos camiñando ata os cines de Odeón para ver a película "El niño del pijama de rayas". Por certo, moitas gracias a Juan Carlos por acudir ao noso encontro e acompañarnos. As conclusións e as opinións sobre o film volas amosaremos nun próxima entrega. Aburiño.

9/10/08

Visita ao Arsenal.


Ese mesmo día visitouse o Arsenal e fíxose unha pequena viaxe enn barco pola ría. Ademáis aproveitouse esta actividade para realizar o Primeiro Maratón Fotográfico do Colexio "Jesús Maestro".

Queremos, podemos, participamos.

Comenzamos o día 19 de setembro cunhas actividades de motivación e sensibilización cara o novo curso. Nelas traballamos o obxectivo xeral do curso:"Queremos, podemos, participamos"

15/6/08

Última visita dos alumnos do primeiro ciclo de primaria.


Como despedida do curso 2007-2008 os alumnos xunto coas súas profesoras fixeron unha saída ao medio rural para celebrar o "Día Mundial do Medio Ambiente".

Como pódese apreciar na foto fixemos unha marcha polo mnte ao "Indiana Jones" mentras recoñecíamos árbores e plantas.

Despois, visitamos unha pequena granxa e unha casa rural na que acendimos unha lareira e observamos algúns obxectos antigos cos que vivían os nosos devanceiros cando a vida non era tan cómoda.
A comida foi campestre.

Pola tarde, fixemos sendeirismo e speramos a chegada do autobús xogando nun campo de fútbol e nun parque en Lago, Valdoviño.

Foi un día fantástico e acompañou o bon tempo.
FELIZ VERÁN!!!

6/6/08

2º de Primaria con CARLOS ALCOLEA.

O martes 3 de xuño, os nenoos e nenas da 2º de primaria achegámonos a disfrutar coa exposición de Carlos Alcolea, no Centro Cultural da Fundación Caixa Galicia.
Vimos uns cadros cheos de cor nos que os protagonistas son figuras, algunhas, de persoaxes de ficción como "Alicia no País das Marabillas".
No obradoiro desta visita disfrutamos moito creando o corazón do noso amigo ou a cara partindo da palabra "¿ojo?" como se aprecia nos debuxos que vedes. Foi unha despedida das Artes Plásticas neste curso.

5/6/08

A granxa de 2º de EI.

Simpático traballo realizado polos alumnos de 4 anos.

31/5/08

Programa Augamar 2008.




Os alumnos de 3º da ESO participaron, un ano máis, no programa de educación ambiental sobre o medio mariño Auga+Mar 2008 da Xunta de Galicia. Dito programa busca achegar aos participantes ao mundo mariño nas súas diferentes vertentes, mediante a realización de actividades de estudo de mamíferos mariños, mostraxe intermareal, talleres de algas e reciclaxe, observación de aves, embarcacións tradicionais,etc...
As actividades realizáronse do 12 ao 16 de maio en Vilanova de Arousa. Nesta quenda participaron cerca de 100 alumnos, nun gran ambiente de convivencia, dirixidos por 12 monitores que desmpeñaron un fantástico traballo.

Visita a Reganosa.


O pasado día 21 de maio os alumnos de 4º da ESO visitaron a planta regasisficadora de Mugardos. Ademáis das explicaións sobre o ciclo de vida do gas e os procesos que se ralizan na planta, poideron observar de forma directa o traballo que se realiza no laboratorio e observar o funcionamento do instrumental máis sosfisticado utilizado nesta instalación.

30/5/08

Mes de maio.

Esta marabillosa alfombra floral foi realizada polos alumnos de infantil para celebrar o mes de maio.

Copa Galicia de karate.

O pasadp 18 de maio celebrouse a Copa Galicia de karate.
Mª José Paz, de 2º da ESO, proclamouse campiona na modalidade kumite femenino - 43 kg en categoría escolar.
Laura Benedicto, tamén de 2º da ESO, quedou 2º na mesma modalidade e 3º en kata.

21/5/08

1º e 2º de EP na Coruña.




O pasado día 9 de maio os nenos e nenas de 1º e 2º de Pr. foron de visita a O Porto da Coruña.
Despois de seren atendidos por o Personal destas instalacións dunha maneira marabillosa e de recibir agasallos diversos, viron tamén a Lonxa onde disfrutaron moito.
Despois estiveron na Praza de María Pita e , no Concello, visitaron unha exposición de esmaltes.
Para comer acercáronse á Torre de Hércules e disfrutaron dunha xornada espléndida xa que o día non puido ser mellor .
Todo resultou interesante e divertido.

18/5/08

Excursión de Infantil.

Podemos ver algunhas simpáticas imaxes da saída do pasado 9 de maio a Gandarío.

4/5/08

Regalo Día da Nai 1º e 2º de EP

Os alumnos de 1º e 2º de EP inmortalizaron a pegada da man nunha táboa e fixeron este decorativo colgador para felicitar as súas nais nun día tan especial. Fixérono con moita ilusión e esperan facer un pouquiño máis felices as súas nais. Parabéns para elas.

Regalo Día da Nai 2º EI

Tamén os alumnos de 2º de EI felicitaron ás súas mais elaborando unha fantásticia colonia no laboratorio. Podemos ver varios esquemas e monentos do delicado proceso.

1/5/08

Operación LEITUGA.

Aquí temos os espectaculares resultados do traballo con productos da horta acadado polos nenos de 5 anos.

26/4/08

Nuevo triunfo del MDJ en As Pontes

El grupo del colegio MDJ ganó el XIII festival de la canción vocacional. Si el año pasado fue con "Por Jesús", este año fue "La voz de la esperanza".
El grupo compuesto por 26 niñ@s desde 5ºde EP hasta 2º de ESO han hecho una actuación perfecta, destacando la buena afinación y la puesta en escena.
Enhorabuena a tod@s los componentes de este grupo, padres y profesores que fueron a animar.

24/4/08

IV Edición da Feira do Libro.

Para conmemorar o Día Internacional do Libro celebrouse por cuarto ano consecutivo, con gran éxito, esta actividade. Preténdese fomentar a lectura e recadar fondos para renovar o material de lectura do centro. Tamén houbo, para o máis pequenos, representacións de contacontos realizadas polos alumnos de secundaria.

2º de Educación Infantil no laboratorio.



Os alumnos de 2º EI realizaron un pequeno experimento no laboratorio para comprender o ciclo da auga e comparalo co que se da na natureza. Tamén realizaron debuxos e esquemas para amosar os coñecementos adquiridos.

Campións de Copa.

O equipo de fútbol sala do colexio proclamouse Campión da Copa ao vencer por 6 -2 ao Materiales del Atlántico. Equipo que opuxo unha gran resistencia na primeira parte (2 - 2), pero non foi capaz de aguantar o ritmo do partido no segundo tempo.
Con este partido remata a temporada cun balance moi posotivo, Campións de Liga e Copa e unha única derrota.
Agradecer o esforzo de todos os compoñentees do equipo, a colaboración dos pais en toda a temporada e a importante aportación económica da ANPA no desprazamento a Santiago.

Día del Libro.

Para celebrar el Día del Libro los alumnos de 1º de EP realizaron el siguiente mural donde escribieronun bonito cuento.

22/4/08

Karate.

O 16 de marzo disputouse o campionato galego infantil de karate. Iago Tajuelo, Laura Benedicto e Carmen Peña (exalumna) foron vencedores na súa categoría na modalidade de kumite. Tamén destacaron os exalumnos Alba Tajuelo e Angel Guillén, 2ª e 3º en kumite.
Ademáis Amaia Agulló, Alba Tajuelo e Angel Guillén participaron, coa selección galega, no campionato nacional celebrado en Cuenca o pasado 19 de abril.
Parabéns a todos estes deportistas.

Grazas á xente que envía os seus comentarios para manter actualizada a información.

17/4/08

Final da Copa Delegación de Fútbol Sala.


Eliminados da fase provincial por "La Salle" de Santiago en dous intensos e emocionantes partidos dun altísimo nivel. Cada equipo aproveitou o factor campo e a eliminatoria decantouse para os de Santiago por un solo gol de diferenza. No partido de ida o resultado foi 5-3 e no de volta venceu "Jesús Maestro" por un 6-5, que resultou insuficente.
Este domingo ás 19:15 en Esteiro o equipo do colexio disputará o último partido da temporada. Será a final da copa enfrentándose o "Materiales del Atlántico" O Parrulo, coa posibilidade de facer doblete en liga e copa.

GANADORES PROVINCIALES EN EL CONCURSO ONCE

Nuestra más sincera y cordial enhorabuena al grupo "LOS BUBLICIOSOS", de 1º de ESO, pues con su trabajo en el concurso de la ONCE, han quedado ganadores de la fase provincial en su categoría. El trabajo consistía en preparar 14 viñetas para hacer un spot publicitario resaltando la labor de esta organización (dibujos, diálogos, música...).
Ahora esperamos que nos den el resultado en la fase autonómica.
Los nombres de este grupo son: Paola Doallo, Julia Prieto, Clara Caínzos, Luís Cruz, Juan Fernández.
¡¡¡ENHORABUENA!!!

16/4/08

Ciclo Cine en Galego.



Os alumnos de 3º e 4º da ESO asistiton á proxección da película "Mía Sarah" nos Cines Duplex. Esta actividade forma parte do ciclo "Cine en Galego" organizado pola Concellería de Educación de Ferrol en colaboración coa Coordinadora de Equipos de Normalización Língüística na que participaron máis de 3000 alumnos de centros de ensino de todo o concello.
Máis información sobre a película: http://www.miasarah.com/

Mes del seguimiento y la vocación.

La conciencia cada vez mayor de la necesidad de orar por las vocaciones es un dato constante en la historia de la pastoral vocacional. El papa Pablo VI instituye en 1964 la Jornada Mundial de Oración por las Vocaciones, que se ha venido celebrando ininterrumpidamente, cada año, en el IV domingo de Pascua, domingo del Buen Pastor.
Dicha Jornada se ha celebrado el domingo 13 de abril. Por ello en el Colegio se han llevado a cabo algunas tareas de sensibilización y hay otras previstas: oración, catequesis, fichas de trabajo, videos-testimonios vocacionales, etc.
La gran suerte ha sido que en la llamada Semana Vocacional -la que ha precedido a la Jornada Mundial- hemos celebrado las Fiestas en honor del Beato Pedro, Fundador de las religiosas Discípulas de Jesús. En el corazón de la semana, el miércoles 9 de abril, hemos conmemorado el aniversario de la Ordenación sacerdotal de D. Pedro (1905-2008).
AGRADECEMOS A TODOS LA COLABORACIÓN QUE DE TANTAS MANERAS NOS UNE EN UNA TAREA COMÚN: oraciones, participación en la Eucaristía, visitas a los chiringuitos, al bazar misionero… ¡y trayendo bollería, zumos, café...!
Os deseamos, a toda la Comunidad Educativa,
que disfrutéis de la vocación a la que habéis sido llamados.
Dios os bendiga.

15/4/08

Día do Seminario.



Como se informaba en "Familia Colegio" nº 18, este ano celebrouse o Día do Seminario na diócese Mondoñedo Ferrol o 15 de marzo. O Colexio participou nun concurso de debuxi e foi premiado José Luís Moreno, de 6º de primaria.
Os debuxos participantes poideronse ver no ximnasio nas festas do colexio.
Parabéns a todos e especialmente a José Luís!






14/4/08

De aniversario co Beato Pedro.

El miércoles 9 de abril, en el corazón de la semana vocacional, recordamos muy especialmente al Beato Pedro en el Aniversario de su ordenación sacerdotal (1905-2008). Por ello se le rindió un sencillo y cariñoso homenaje. Como un “mini-maratón” de oración por las vocaciones, pasaron por la capilla todos los alumnos del colegio, para orar pidiendo vocaciones al “Dueño de la mies”. Esto es lo que D. Pedro tanto deseaba: “Enséñese a los niños a orar por las vocaciones”.
Todo esto fue el pórtico que abrió paso a las Fiestas del Colegio, celebradas los días 10 y 11 de abril.

11/4/08

Recortes de prensa do Diario de Ferrol.



Los colegios La Salle y Jesús Maestro celebraron ayer sendos festivales solidarios
Un momento de la demostración de educación vial en el Jesús Maestro L.P.
REDACCIÓN > FERROL
Muy animada resultó ayer la tarde en los colegios La Salle y Jesús Maestro con motivo de la celebración de sus respectivos festivales benéficos destinados a varios proyectos de cooperación en el continente africano. En el primero de los centros, la jornada festiva se enmarcó en la celebración del Día Proyde, la ONG vinculada al colegio y que incluyó varias actividades.
Así, la comunidad educativa compartió al mediodía una comida consistente en un bocadillo, un yogur y un agua, por el que cada persona abonó tres euros, dinero que, junto al reunido en la tómbola desarrollada por la tarde en el centro, irá destinado a un proyecto de cooperación en el poblado de Tami, en Togo. Unas actuaciones que un profesor del centro ferrolano recogió con su cámara en un viaje al lugar y que ahora se pueden ver en la exposición instalada en el colegio.
También hacia África miran los alumnos del Jesús Maestro, que han apadrinado a una villa entera de Zambia. En una zona muy golpeada económicamente, las Discípulas construyeron un internado para niños y una escuela para mujeres, así como otras acciones. Por eso, y coincidiendo con la festividad del Beato Pedro Ruiz de los Paños, fundador de las Discípulas, el centro celebró ayer -hoy lo volverá a hacer- un festival benéfico en el que los alumnos recaudaron fondos a través de una tómbola, así como de los chiringuitos instalados en el centro y las actuaciones programadas por los jóvenes.
Por otra parte, y según se informó desde el centro educativo, los alumnos de 3° de ESO -miembros de la Red Solidaria da Mocidade- continúan con su campaña de recogida de móviles usados, animando a los ciudadanos a que colaboren en la iniciativa entregando los aparatos viejos para su reciclaje. Entre los que lo hagan, los jóvenes estudiantes sortearán un regalo.
Educación Vial > La jornada de ayer del Jesús Maestro incluyó otra actividad protagonizada por los alumnos de Infantil del colegio, que demostraron cómo ser unos excelentes peatones. Lo hicieron para demostrar todos los conocimientos adquiridos a lo largo del proyecto de educación vial puesto en marcha por las profesoras de este nivel, en el cual de modo práctico y mediante juegos y otras actividades se les enseñó a los niños como deber ser su comportamiento en las calles, parques y jardines.

Ferrol Jueves 10 de Abril de 2008
Jornada de educación vial de los alumnos de Infantil del colegio Jesús Maestro
REDACCIÓN > FERROL
El colegio Jesús Maestro de Ferrol vive unos días de intensa actividad. Esta tarde, a partir de las 15.30 horas, las profesoras y alumnos de Educación Infantil mostrarán el trabajo que sobre educación vial han venido realizando desde el inicio del curso académico.
Lo hicieron en el marco de un proyecto cuya finalidad es enseñar a los niños, de forma práctica y a través de juegos, las normas de comportamiento en la carretera pero también en los parques y jardines. Así, en los últimos meses los propios escolares han ido elaborando un elevado número de materiales, como señales, coches, carreteras y circuitos, sobre los que hoy, precisamente, mostrarán los conocimientos adquiridos. La cita tendrá lugar en el patio del colegio.
Fiesta benéfica > Pero no quedará ahí la actividad en el centro.Y es que durante las jornadas de hoy y mañana se celebrarán dos días de fiestas benéficas para recaudar fondos destinados al apadrinamiento de una villa en Zambia. Las citas coincidiarán con la celebración del Beato Pedro Ruiz de los Paños, fundador de las Discípulas. Durante estas dos jornadas, las puertas del colegio se abrirán, en horario de 15.30 a 17.30 horas, a todos los ferrolanos que deseen participar en las tómbolas y actuaciones que los alumnos del centro han preparado a tal fin.

8/4/08

Natación sincronizada.

Lidia Blanco, alumna de 3º da ESO, destaca nesta difícil e espectacular especialidade deportiva. Durante a Semana Santa foi convocada a unha concentración coa Selección Galega adestrando unha media de 7 horas diarias.
Disputou diversos campionatos, incluso de nivel internacional, ganando varias medallas.
Tamén participou nunha concentración coa Selección Española xunto a Gemma Mengual, gañadora de catro medallas de ouro nos recentes Campionatos de Europa e clara aspirante a medalla nos próximos Xogos Olímpicos.

Partidos Fútbol Sala da Fase Provincial.

A primeira eliminatoria da Fase Provincial de Fútbol sala este fin de semana fronte o Colexio "La Salle" de Santiago.
O partido de ida será o sábado 12 ás 20:00 no propio pavillón de "La Salle" en Santiago.
A volta o domingo 13 ás 18:00 no pavilón de Narón.
Ademáis o equipo do colexio disputará a final da Copa Delegación de Ferrol ante o "Materiales del Atlántico - O Parrulo" en data aínda por determinar.

Coloqio sobre fontes de enerxía.


O pasado venres os alumnos da ESO participaron nuha interesante charla sobre as diferentes formas de enerxía. Discutiron sobre as súas vantaxes e inconvintes con Isaac, químico orgánico do departamento de Medio Ambiente da compañía Gas Natural.

Mesa testimonio antigos alumnos.


Nos acompañaron, en la tarde del martes día 8 de abril, cinco antiguos alumnos del Colegio. Cuatro de ellos, que residen en Ferrol, traen hoy a sus hijos al centro y recuerdan con agradecimiento su paso por aquí.
Para los niños del tercer ciclo de EP, los de ESO y algunos profesores, compartieron lo que para ellos supuso educarse en el Colegio hace ya … “taitantos años”. No faltaron las anécdotas divertidas con las que todos los alumnos y los profesores que estábamos, disfrutamos un montón.

6/4/08

Educación Vial.

Os alumnos de infantil elaboran o seu propio circuito de Educación Vial.

Visita ao buque "Íbero".



Os alumnos da ESO visitaron no peirao de Ferrol o veleiro "Íbero" da Obra Social "La Caixa". Este barco leva dous anos adicado a investigación e divulgación dos ecosistemas mariños. Pretende, ademáis, concienciar da necesidade de conservación dos oceános.

30/3/08


Tamén, os alumnos de 5 anos, están traballando os productos da horta e facendo unha plantación de leitugas.


Regalo para o "Día do Pai"

Seguindo coas actividades do Proxecto de Educación Vial os alumnos de 5 anos fixeron as súas sinais de tráfico para regalarlle aos seu pais.

29/3/08

Partido de Copa Delagación de Fútbol Sala.

Despois do empate co "Materiales del Atlántico" a dous goles, é necesario como mínimo conseguir un punto no próximo partido para xogar a final da Copa Delegación. Será o domingo ás 19:15 en Santa Icía contra o Lodairo.

7/3/08

Visita ao Parlamento de Galicia.

Os alumnos de 2º de EP visitaron o Parlamento de Galicia. Aquí temos as súas impresións:

Campionato Galego de Karate.

Destacada participación de alumnas do noso colexio no Campionato Galego de Karate por Equipos, disputado o pasdo 24 de febreiro en San Valentín.
Amaia Agulló foi terceira na modalidade de kumite.
Laura Benedicto e Mª José Paz foron segundas, xunto Noa Aldrei.
Parebéns.

29/2/08

Último partido de liga.

Este domingo ás 18:30 en San Valentín o equipo do colexio xogará o último partido de liga. Xa proclamado campión o equipo está motivado para tentar conseguir os trofeos de máximo goleador e menos goleado.

Mural de de 1º de EP.


Bonito mural feito polos alumnos de 1º de EP para a Campaña Contra a Fame.

Clase maxistral de ballet.


Cristina Pérez Lago, mestra titulada de ballet, impartiu unha clase maxistral de ballet para os alumnos de 6º de Ep. Achegouse ao colexio acompañada de catro alumnas que deleitaron aos nenos de 6º. Foi unha bonita experiencia.

28/2/08

Selección Galega de Fútbol Sala.


Hoxe visitaron o noso colexio os compoñentes da selección galega absoluta de fútbol sala. Estamos nun momento histórico para este deprote xa que a nosa selección xoga mañá venres o seu primeiro encontro internacional. Será ás 21:00 h na Malata fronte Uruguai.

Os xogadores animaron aos alumnos a facer deporte e a estudar e repartiron numerosos agasallos.

26/2/08

A nosa despensa.


Os nenos de 4 anos, estamos aprendendo a alimentarnos dunha maneira saudable polo que fixemos a nosa propia despensa para estudiar os diferentes tipos de alimentos.

22/2/08

CAMPIÓNS.

Despois de gañar o pasado fin de semana por 5 - 3 ao Lodairo o equipo de fútbol sala do colexio proclamouse matemática campión de liga a falta de dúas xornadas para rematar a competición. O próximo partido será o domingo 24 ás 19:15 no pavillón de Narón. Neste encontro o equipo tratará de seguir invicto seguirá loitando por ser o equipo máis goleador e o menos goleado.

18/2/08

Campionato Provincial de Karate.

Os nosos alumnos non só destacan no fútbol sala, tamén noutras disciplinas como o karate.
Laura Benedicto e Mª José Paz, alumnas de 2º da ESO, son campionas provinciais por equipos de kata na categoría infantil, xunto a Noa Aldrey.
Na categoría kumite lixeiros Laura quedou primeira e Mª José segunda.
Na categoría de kata individual Laura quedou ás portas do terceiro posto.
Tamén Amaia Agulló participou nesta competición.
Parabéns para estas grandes deportistas.

15/2/08

Enrique 5º

É o título da representación á que asistiron os alumnos de 1º e 2º da ESO no teatro Jofre e patrocinada po Caixanova.
O autor belga, Ignace Cornelissen, realiza unha dramaturxia
limpa e sinxela do drama histórico de W. Shakespeare, que
se converte nunha parábola humorística do absurdo da guerra,
ese disparate do xogo bélico e a puerilidade con que os
reis-gobernantes o defenden, expoñen e realizan. Unha
adaptación que non desvirtúa o espírito histórico e real da
obra shakesperiana: a guerra e os seus mecanismos, o poder
e os seus abusos, a morte e a miseria, o odio e a sede de
poder..., todos eles represéntanse con humor e de xeito moi
contundente. Enrique 5º é unha obra que aborda con moita
franqueza cuestións da vida social e política, achega esta
problemática aos nenos e, a través da súa mirada, evidencia
o infantilismo da clase gobernante. Confróntanos cunha
serie de preguntas acerca do límite entre o social e o individual,
entre o sono do poder e a cegueira que este produce.
Ensínanos como se produce a escalada da violencia e axúdanos
a reflexionar en canto a como contrarrestala.

14/2/08

Outro partido gañado.

Nova victoria do equipo de fútbol sala do colexio por 10 - 4 nun espectacular partido. Esta vez logrouse vencer ao Parrulo, segundo clasificado e úncico rival directo para gañar a liga.
O próximo partido é o domingo ás 19:15 en San Valentín, dependendo dos resultados podemos proclamarnos campeóns de forma matemática.

13/2/08

Sendeirismo polo Belelle.

O luns 11, 1º e 2º da ESO realizaron unha espectacular ruta de sendeirismo polo río Belelle entre os concello de Neda e Fene. Nela poideron admirar a espectacular fervenza do Belelle, con 30 m de altura e facer un emocionante percorrido polos 3 km de canle da central hidraúlica da Fervenza. Tamén coñeceron algúns aspectos do patrimonio cultural e natural do concello nedense. Como única nota negativa o retraso de case dúas horas na chegada sobre a hora prevista, polo cal pedimos escusas.

12/2/08

Agradecemento do ENDL.

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística quere agradecer a xenerosa colaboración no Entroido Solidario. Tanto as persoas que aportaron o seu traballo facendo freixós , orellas e torradas como as que participaron adquirindo estes riquísimos postres.
Grazas a todos.

11/2/08

Educacion vial.

Nestas fotografías podemos apreciar o fabuloso traballo dos nenos de 5 anos sobre o proxecto de Educación Vial que se realiza en Educación Infantil.



7/2/08

Partido decisivo.

Despois de gañar o fin de semana pasado por 5 - 2 ao Lodairo, a liga que nun man a man entre "Jesús Maestro" e o "Parrulo Materiales del Atlántico". Na próxima xornada, o domingo 10 ás 19:15 no pavillón de Caranza, terá lugar o enfrontamento directo entre ambos equipos. En caso de gañar a diferenza de seis puntos a falta de tres xornadas sería case definitiva e o noso equipo sería practicamente campión.

4/2/08

A muller na prehistoria.

Os alumnos de 2º de Primaria visitaron a exposición "A Muller na Prehistoria" no Campus de Esteiro. Aquí temos unha mostra das impresións dos alumnos sobre a exposición en forma de tarxetas, debuxos e cartas dirixidas a Jessica (monitora da exposición).

30/1/08

Dia da Paz

Hoxe, cun acto no que participaron todos os alumnos, celebrouse o Día da Paz. Como preparación, os alumnos traballaron sobre o tema durante estes días. Aquí podemos ver algún destes traballos.

Próximanente, na ESO...


?



Ecoloxía.

Durante estes días apareceron na prensa noticias de enfrentamentos entre ecoloxistas e cazadores de raposos. Esta nova chamou a atención dos alumnos de 2º da ESO e foi comentada na clase de Ciencias Naturais. Por suxestión deles, especialmente Mº José, publícase o seguinte enlace para que poidades ler a noticia e deixar a vosa opinión.
www.lavozdegalicia.es/sociedad/2008/01/28/0003_6517794.htm

Partido con final incríbel.

O domingo pasadado o equipo de fútbol sala vencer por 3-2 ao Lestonnac, e mantense invicto. O partido foi realmente emocionante. Na máis comenzar, adiantouse o Lestonnac e non se logrou empatar ate mediada a segunda parte. O final foi emocionante e sorprendente, pasándose do 1-1 ao 3-2 definitivo nos 40 últimos segundos de partido.
O próximo partido será o sábado 2 de febreiro ás 18:30 no pavillón do Ensanche.

29/1/08

Entroido solidario.


O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística ten a ben informarlles de que con motivo da “Campaña da Fame”, o vindeiro venres 1 de febreiro, celebraremos unha festa do Entroido na que venderemos produtos galegos típicos do tempo para recadar fondos para a mencionada campaña.

É por iso que nos diriximos a vostedes para que, coa boa disposición que sempre amosan, colaboren con nós. Precisamos de “expertos reposteiros” dispostos a doar freixos, filloas, orellas, torradas ...
Estas lambetadas recolleranse a partir do xoves, ou ben nas clases ou ben en portería, e venderanse, entre os alumnos, nos recreos do venres 1 de febreiro. Será un xeito de dar a coñecer as nosas tradicións gastronómicas, e ao tempo, colaborar cunha boa causa.

Agradecemos a vosa colaboración por anticipado.



24/1/08

Novo partido de liga.

Despois de vencer, noutro emocionante partido por 5 - 3 ao C. D. Lodairo, o equipo consegue manter a racha e vencer en todos os partidos celebrados. O próximo encontro será o domingo 27 ás 19:15 no pavillón de Narón fronte ao Lestonnac.

21/1/08

Teatro en inglés

Os alumnos de 3º e 4º de ESO acudiron ao Colexio Lestonnac para ver unha magnífica representación teatral, en língua inglesa, da obra "The elephnat man".

18/1/08

VII Certame Poesía e Imaxe.


Dende hoxe e ata o próximo xoves 24 pódese ver no, ximnasio do centro, a exposición dos mellores traballos presentados á VII edición do Certame Poesía e Imaxe organizado polo Concello de Ferrol. Neste certame participan escolares de todo Ferrol, e entre os debuxos seleccionados podemos ver o e Rocío Cruz, alumna de 2º da ESO.

17/1/08

Dúas de dúas.

Segunda victoria en dous partidos, nesta ocasión por 5 - 4 ante o Parrulo. Ambos equipos encabezan a táboa sumando seis puntos, pero con diferenza de goles favorable ao Parrulo que xogou tres partidos.

O próxmo partido será o domingo 20 no pavillón de Narón ás 16:45 fronte ao Lodairo.

Recuperación de lobos mariños na SGHN.


Nos últimos días, por causa do temporal, chegaron ás nosas costas varios exemplares de lobos mariños cincentos (halichoerus grypus). Normalmente son exemplares de pouca idade arrastrados polo vento e as correntes dende Irlanda, Reino Unido ou a Bretaña. Moitas veces o seu estado é lamentable e son cuidados e tratados nos locais da Sociedade Galega de Historia Natural en Amboaxe. Pódense obter información e ver fotografías destes mamíferos mariños en sghnferrol.blogspot.com

11/1/08

Volve o fútbol sala.

Despois da victoria na primeira xornada por 6-3 ante o Lestonnac, o equipo do Colexio reanuda a competición o domingo ás 16:45 na Malata. Esperamos, como sempre, o ánimo da afección.