LEMA 2016-17

EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA

29/2/08

Último partido de liga.

Este domingo ás 18:30 en San Valentín o equipo do colexio xogará o último partido de liga. Xa proclamado campión o equipo está motivado para tentar conseguir os trofeos de máximo goleador e menos goleado.

Mural de de 1º de EP.


Bonito mural feito polos alumnos de 1º de EP para a Campaña Contra a Fame.

Clase maxistral de ballet.


Cristina Pérez Lago, mestra titulada de ballet, impartiu unha clase maxistral de ballet para os alumnos de 6º de Ep. Achegouse ao colexio acompañada de catro alumnas que deleitaron aos nenos de 6º. Foi unha bonita experiencia.

28/2/08

Selección Galega de Fútbol Sala.


Hoxe visitaron o noso colexio os compoñentes da selección galega absoluta de fútbol sala. Estamos nun momento histórico para este deprote xa que a nosa selección xoga mañá venres o seu primeiro encontro internacional. Será ás 21:00 h na Malata fronte Uruguai.

Os xogadores animaron aos alumnos a facer deporte e a estudar e repartiron numerosos agasallos.

26/2/08

A nosa despensa.


Os nenos de 4 anos, estamos aprendendo a alimentarnos dunha maneira saudable polo que fixemos a nosa propia despensa para estudiar os diferentes tipos de alimentos.

22/2/08

CAMPIÓNS.

Despois de gañar o pasado fin de semana por 5 - 3 ao Lodairo o equipo de fútbol sala do colexio proclamouse matemática campión de liga a falta de dúas xornadas para rematar a competición. O próximo partido será o domingo 24 ás 19:15 no pavillón de Narón. Neste encontro o equipo tratará de seguir invicto seguirá loitando por ser o equipo máis goleador e o menos goleado.

18/2/08

Campionato Provincial de Karate.

Os nosos alumnos non só destacan no fútbol sala, tamén noutras disciplinas como o karate.
Laura Benedicto e Mª José Paz, alumnas de 2º da ESO, son campionas provinciais por equipos de kata na categoría infantil, xunto a Noa Aldrey.
Na categoría kumite lixeiros Laura quedou primeira e Mª José segunda.
Na categoría de kata individual Laura quedou ás portas do terceiro posto.
Tamén Amaia Agulló participou nesta competición.
Parabéns para estas grandes deportistas.

15/2/08

Enrique 5º

É o título da representación á que asistiron os alumnos de 1º e 2º da ESO no teatro Jofre e patrocinada po Caixanova.
O autor belga, Ignace Cornelissen, realiza unha dramaturxia
limpa e sinxela do drama histórico de W. Shakespeare, que
se converte nunha parábola humorística do absurdo da guerra,
ese disparate do xogo bélico e a puerilidade con que os
reis-gobernantes o defenden, expoñen e realizan. Unha
adaptación que non desvirtúa o espírito histórico e real da
obra shakesperiana: a guerra e os seus mecanismos, o poder
e os seus abusos, a morte e a miseria, o odio e a sede de
poder..., todos eles represéntanse con humor e de xeito moi
contundente. Enrique 5º é unha obra que aborda con moita
franqueza cuestións da vida social e política, achega esta
problemática aos nenos e, a través da súa mirada, evidencia
o infantilismo da clase gobernante. Confróntanos cunha
serie de preguntas acerca do límite entre o social e o individual,
entre o sono do poder e a cegueira que este produce.
Ensínanos como se produce a escalada da violencia e axúdanos
a reflexionar en canto a como contrarrestala.

14/2/08

Outro partido gañado.

Nova victoria do equipo de fútbol sala do colexio por 10 - 4 nun espectacular partido. Esta vez logrouse vencer ao Parrulo, segundo clasificado e úncico rival directo para gañar a liga.
O próximo partido é o domingo ás 19:15 en San Valentín, dependendo dos resultados podemos proclamarnos campeóns de forma matemática.

13/2/08

Sendeirismo polo Belelle.

O luns 11, 1º e 2º da ESO realizaron unha espectacular ruta de sendeirismo polo río Belelle entre os concello de Neda e Fene. Nela poideron admirar a espectacular fervenza do Belelle, con 30 m de altura e facer un emocionante percorrido polos 3 km de canle da central hidraúlica da Fervenza. Tamén coñeceron algúns aspectos do patrimonio cultural e natural do concello nedense. Como única nota negativa o retraso de case dúas horas na chegada sobre a hora prevista, polo cal pedimos escusas.

12/2/08

Agradecemento do ENDL.

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística quere agradecer a xenerosa colaboración no Entroido Solidario. Tanto as persoas que aportaron o seu traballo facendo freixós , orellas e torradas como as que participaron adquirindo estes riquísimos postres.
Grazas a todos.

11/2/08

Educacion vial.

Nestas fotografías podemos apreciar o fabuloso traballo dos nenos de 5 anos sobre o proxecto de Educación Vial que se realiza en Educación Infantil.



7/2/08

Partido decisivo.

Despois de gañar o fin de semana pasado por 5 - 2 ao Lodairo, a liga que nun man a man entre "Jesús Maestro" e o "Parrulo Materiales del Atlántico". Na próxima xornada, o domingo 10 ás 19:15 no pavillón de Caranza, terá lugar o enfrontamento directo entre ambos equipos. En caso de gañar a diferenza de seis puntos a falta de tres xornadas sería case definitiva e o noso equipo sería practicamente campión.

4/2/08

A muller na prehistoria.

Os alumnos de 2º de Primaria visitaron a exposición "A Muller na Prehistoria" no Campus de Esteiro. Aquí temos unha mostra das impresións dos alumnos sobre a exposición en forma de tarxetas, debuxos e cartas dirixidas a Jessica (monitora da exposición).