LEMA 2016-17

EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA

31/5/08

Programa Augamar 2008.




Os alumnos de 3º da ESO participaron, un ano máis, no programa de educación ambiental sobre o medio mariño Auga+Mar 2008 da Xunta de Galicia. Dito programa busca achegar aos participantes ao mundo mariño nas súas diferentes vertentes, mediante a realización de actividades de estudo de mamíferos mariños, mostraxe intermareal, talleres de algas e reciclaxe, observación de aves, embarcacións tradicionais,etc...
As actividades realizáronse do 12 ao 16 de maio en Vilanova de Arousa. Nesta quenda participaron cerca de 100 alumnos, nun gran ambiente de convivencia, dirixidos por 12 monitores que desmpeñaron un fantástico traballo.

Visita a Reganosa.


O pasado día 21 de maio os alumnos de 4º da ESO visitaron a planta regasisficadora de Mugardos. Ademáis das explicaións sobre o ciclo de vida do gas e os procesos que se ralizan na planta, poideron observar de forma directa o traballo que se realiza no laboratorio e observar o funcionamento do instrumental máis sosfisticado utilizado nesta instalación.

30/5/08

Mes de maio.

Esta marabillosa alfombra floral foi realizada polos alumnos de infantil para celebrar o mes de maio.

Copa Galicia de karate.

O pasadp 18 de maio celebrouse a Copa Galicia de karate.
Mª José Paz, de 2º da ESO, proclamouse campiona na modalidade kumite femenino - 43 kg en categoría escolar.
Laura Benedicto, tamén de 2º da ESO, quedou 2º na mesma modalidade e 3º en kata.

21/5/08

1º e 2º de EP na Coruña.




O pasado día 9 de maio os nenos e nenas de 1º e 2º de Pr. foron de visita a O Porto da Coruña.
Despois de seren atendidos por o Personal destas instalacións dunha maneira marabillosa e de recibir agasallos diversos, viron tamén a Lonxa onde disfrutaron moito.
Despois estiveron na Praza de María Pita e , no Concello, visitaron unha exposición de esmaltes.
Para comer acercáronse á Torre de Hércules e disfrutaron dunha xornada espléndida xa que o día non puido ser mellor .
Todo resultou interesante e divertido.

18/5/08

Excursión de Infantil.

Podemos ver algunhas simpáticas imaxes da saída do pasado 9 de maio a Gandarío.

4/5/08

Regalo Día da Nai 1º e 2º de EP

Os alumnos de 1º e 2º de EP inmortalizaron a pegada da man nunha táboa e fixeron este decorativo colgador para felicitar as súas nais nun día tan especial. Fixérono con moita ilusión e esperan facer un pouquiño máis felices as súas nais. Parabéns para elas.

Regalo Día da Nai 2º EI

Tamén os alumnos de 2º de EI felicitaron ás súas mais elaborando unha fantásticia colonia no laboratorio. Podemos ver varios esquemas e monentos do delicado proceso.

1/5/08

Operación LEITUGA.

Aquí temos os espectaculares resultados do traballo con productos da horta acadado polos nenos de 5 anos.