LEMA 2016-17

EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA

31/10/08

Pasatempo. Trata de resolvelo.

Samaín.

Fotos do gran traballo realizado polo alumnos de 4 anos no Samaín. Ademáis podemos ver un gran mural do outono.

30/10/08

Clase de 1º EP.

23/10/08

No corazón da fraga.

Ao igual que no libro"No corazón do bosque" de Agustín Fernández Paz, os alumnos de 5º e 6º de EP realizaron unha saída ás Fragas do Eume. Vistaron o espectacular monasterio de Caaveiro, recolleron castañas, pero algún neno levaría un trasno na súa mochila?

Ademáis fixeron unha pequena ruta de sendeirismo para admirar a paisaxe e a gran variedade de especies vexetais presentes na fraga, e no centro de interpretación, viron un video sobre a gran cantidade de animais que habitan as ribeiras do Eume.

Todo isto acompañados de Santi, un guía do parque natural, ao que queremos agradecer as súas explicacións e amabilidade.

22/10/08

Contacontos

Os nenos de 4 anos asistiron a unha sesión de contacontos organizada polo grupo Kalandraka no Centro Cultural Carballo Calero. Tamén coñeceron un pouco mellor algúns intrumentos musicais tradicionais. Queremos dar as grazas a Ana e a Pablo pola súa gran representación.

Presentamos a clase de 4 anos.

Con estas fotos presentamos a clase de 4 anos. Nelas podemos ver os distintos espazos dos que dispón, así como os traballos sobre o outono e os seus froitos con os que está decorada.

16/10/08

Dereitos humanos.

Comezan o curso con moitas enerxías os alumnos de 2º da ESO e con ganas de coñecer a fondo cales son os Dereitos do Home. Nas tutorías con Cheli comenzaron coñecendo os seus dereitos como nenos e estudiantes (¡¡ e tamén as súas obrigas!!!!). Na nova materia de Educación para a cidadanía traballamos tamén nese sentido, coñecendo algunha das maiores aberracións cometidas polo home: O holocausto nazi.

Traballamos na clase sobre as imaxes de "the last days", o oscarizado documental de Spielberg. "Homo homini lupus est" que dicían os vellos romanos. Coma punto de inflexión sobre este tema, que aínda nos dará moito do que falar na clase, o martes 14 de outubro, xantamos todos xuntos no colexio, e mesmo botamos unha partida de futbol, logo subimos a clase, coñecimos os obxectivos do milenio na sala de ordenadores.

Sobre as 17:15 saímos todos xuntos camiñando ata os cines de Odeón para ver a película "El niño del pijama de rayas". Por certo, moitas gracias a Juan Carlos por acudir ao noso encontro e acompañarnos. As conclusións e as opinións sobre o film volas amosaremos nun próxima entrega. Aburiño.

9/10/08

Visita ao Arsenal.


Ese mesmo día visitouse o Arsenal e fíxose unha pequena viaxe enn barco pola ría. Ademáis aproveitouse esta actividade para realizar o Primeiro Maratón Fotográfico do Colexio "Jesús Maestro".

Queremos, podemos, participamos.

Comenzamos o día 19 de setembro cunhas actividades de motivación e sensibilización cara o novo curso. Nelas traballamos o obxectivo xeral do curso:"Queremos, podemos, participamos"