LEMA 2016-17

EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA

13/10/12

Aula Ecoloxía Urbana 1º Primaria


Os alumnos de Primeiro de Primaria visitamos a Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol, no Parque Raíña Sofía. Alí, o primeiro día xogamos e aprendimos moitas cousas sobre os animais e prantas que habitan preto da nosa cidade, así como dos coidados e alimentación que precisan. Tamén xogamos ás adiviñas sobre animais. O segundo día falamos sobre reciclaxe e consumo responsable. Ensináronnos moitas cousas, por exemplo: apagar a televisión no botón e non no mando; deixar as luces apagadas cando saímos, etc. Chamábase "A casa das boas prácticas", e é certo que aprendimos moitas boas maneiras de consumir de xeito axeitado! Agora podemos aforrar enerxía e reciclar nas nosas casas.

9/10/12

Fervenza do Belelle.