LEMA 2016-17

EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA

17/5/17

CHEOS DE VIDA NAS LETRAS GALEGAS!!

Como xa vos anunciamos nunha entrada anterior, o día 11, estivemos en Navantia con máis de 1000 nenos de coles de Ferrol e comarca cantando a canción de Guadi Galego, "Chea de vida" en conmemoración do día das nosas Letras Galegas.

A música é vida e polo tanto queremos estar moi cheos de vida nas nosas escolas. A música e o canto coral une, motiva e fai expresar emocións, polo tanto, esta experiencia ten que servir para fomentar estas actividades moito máis.

Aquí vos deixamos o videoclip, no que vemos moitas caras coñecidas, e esperemos que chegue moi lonxe porque foi algo moi fermoso e oxalá se repita moi pronto!


No hay comentarios: