LEMA 2016-17

EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA

9/5/17

ENSAIO MACROCORO

Hoxe tivemos a gran sorte de contar con Ramón Bermejo, gran músico, compositor e director de formacións corais, co que ensaiamos a canción "Chea de vida", da artista Guadi Galego.

Esta música será interpretada polos nosos rapaces de 4º, 5º, 6º e 1º de ESO, xunto con outros alumnos de máis centros de todo Ferrol e comarca, formando así un coro de grandes dimensións, para celebrar todos xuntos, o día das Letras Galegas.

Tamén contamos coa presencia de José Antonio Sordo, asesor do Centro de Formación e Recursos do profesorado, como organizador do curso "O coro escolar, unha actividade integradora para o alumnado", de onde naceu este fermoso proxecto.

Todo isto levaráse a cabo nun lugar emblemático da nosa comarca, como é o asteleiro de NAVANTIA (Ferrol), o xoves, día 11 de maio, no que se gravará un videoclip coa actuación de todos os nenos xunto coa intérprete da canción, e será algo que terá unha gran difusión por todos os medios de comunicación.

Estamos desexando que chegue o día!!! 
Aquí vos deixamos o enlace do ensaio como aperitivo do que vai acontecer!! 
Moitas grazas!!


No hay comentarios: